Xestión sociocultural na Coruña

Que é Tótem?

Tótem é un pequeno gran proxecto enfocado aos servizos de xestión sociocultural e a organización de eventos na Coruña.

Os seus trazos característicos son a personalización, a sostenibilidade e a creatividade.

Descargar PDF

A nosa filosofía

Creatividade, flexibilidade e sostibilidade

En Tótem, a nosa paixón é ofrecer un maior valor para o teu tempo a través da xestión de servizos socioculturais. Estamos orgullosas de basear o noso enfoque na creatividade, a flexibilidade e a sostibilidade. A nosa maior satisfacción é ser a plataforma onde os teus proxectos cobran vida, creando momentos inesquecibles que te farán sorrir.

Os nosos obxectivos:

  • Impulsar o desenvolvemento do talento local
  • Estimular a creatividade e enriquecer o tempo libre
  • Servir como plataforma para proxectos multidisciplinarios
  • Apoiar e promover eventos que fomenten a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente

Sostibilidade

Sostibilidade con raíces no presente

En Tótem a sostibilidade non é só unha estratexia, senón unha maneira de entender o noso papel nesta provincia. Cada decisión busca equilibrar crecemento e responsabilidade, coidando os recursos e os contorna que a rodea. Así, construímos un presente máis consciente e un futuro máis sólido para a nosa comunidade.

A calidade preocúpanos e por iso conseguimos os seguintes selos:

  • Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas
  • Carta da diversidade
  • Soy ecoturista
  • Compromiso de calidade turística