Nós


Iria Mejuto, Coordinadora do proxecto Totem, comeza os seus estudos na Universidade da Coruña a través das Diplomaturas de Turismo e Educación Social (en curso). Entre a súa ampla experiencia laboral atópanse experiencias tales como xestora do proxecto de promoción á lectura na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña e unha ampla e reveladora experiencia no Fórum Metropolitano da mesma cidade. É no Ano 2009 cando decide ampliar e internacionalizar os seus coñecementos como xestora cultural nun lugar de referencia como Londres. Na “London Metropolitan University” supera con méritos o Master en “Creative and Cultural Industries”. Esta etapa compaxínaa coa  experiencia laboral en diversos espazos como a galería de arte "The Air Gallery", o centro cultural "Barbican Centre" ou o centro cultural e creativo "Red Doors Studios".

Todas estas experiencias enriquecen, máis se cabe, a súa alma emprendedora e crean nela un soño levado a cabo con dedicación e grandes doses de entusiasmo, “TOTEM”, no cal lidera, desde 2013, de forma actual e motivadora a un equipo multidisciplinar e creativo que achega unha nova forma de xestión sociocultural na cidade.

Yago Nieto, adxunto a coordinación, é o mais lonxevo de todo o noso equipo e soubo gañar con suor o agarimo e admiración de todos os seus compañeiros.

Yago, diplomado en Turismo, descubriu, no ano 2015 que a animación sociocultural era o seu e, aos poucos, fíxose cun oco indispensable no Proxecto Tótem, onde exerce como encargado de loxística e coordinador de persoal.

Patricia Duro, adxunta de coordinación, é unha profesional que dende pequena soubo que a súa vocación estaba en acompañar aos nenos e rapaces na súa medranza, e por iso decide formarse no eido educativo. Estudou Educación Social e Educación Infantil, complementando a súa formación cun título de Técnico en Educación Infantil.

Ao longo da súa carreira, traballou intensamente no ámbito da animación sociocultural, especialmente como monitora de ocio e tempo libre. Esta experiencia permitiulle desenvolver amplas habilidades na planificación, coordinación e dirección de actividades infantís e xuvenís, así como na xestión de campamentos, obradoiros e eventos de diversa índole.

 

Pablo Moreno, adxunto de coordinación, apaixonado polas expresións artísticas en tódalas súas formas, licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Murcia. A súa  traxectoria profesional abarca máis de 25 anos vinculado ao eido musical, tanto como músico como colaborador en empresas e asociacións relacionadas co espectáculo e a cultura.

A esta experiencia súmanse máis de dez anos de dedicación á xestión de equipos de traballo e ao desenvolvemento comercial no sector privado. Nos últimos anos, orientou a súa formación cara a docencia nos campos da Historia e a Historia da Arte, consolidando así o seu compromiso coa difusión e o aprendizaxe no ámbito cultural.

Goza de cada minuto

Ningún é igual. Ningún volta. Ningún se repite.

Muchas gracias por vuestros comentarios