Que é Tótem?
Tótem é un pequeno gran proxecto enfocado aos servizos de xestión sociocultural e a organización de eventos na Coruña. Os seus trazos característicos son a personalización, a sostenibilidade e a creatividade. Descargar PDF
A nosa filosofía
Creatividade, flexibilidade e sostibilidade
En Tótem, a nosa paixón é ofrecer un maior valor para o teu tempo a través da xestión de servizos socioculturais. Estamos orgullosas de basear o noso enfoque na creatividade, a flexibilidade e a sostibilidade. A nosa maior satisfacción é ser a plataforma onde os teus proxectos cobran vida, creando momentos inesquecibles que te farán sorrir.
Os nosos obxectivos:
- Impulsar o desenvolvemento do talento local
- Estimular a creatividade e enriquecer o tempo libre
- Servir como plataforma para proxectos multidisciplinarios
- Apoiar e promover eventos que fomenten a sostibilidade e o respecto polo medio ambiente

Sostibilidade
Sostibilidade con raíces no presente
En Tótem a sostibilidade non é só unha estratexia, senón unha maneira de entender o noso papel nesta provincia. Cada decisión busca equilibrar crecemento e responsabilidade, coidando os recursos e os contorna que a rodea. Así, construímos un presente máis consciente e un futuro máis sólido para a nosa comunidade.
A calidade preocúpanos e por iso conseguimos os seguintes selos:
- Reserva da biosfera Mariñas Coruñesas
- Carta da diversidade
- Soy ecoturista
- Compromiso de calidade turística

