Nós


Iria Mejuto, Coordinadora do proxecto Totem, comeza os seus estudos na Universidade da Coruña a través das Diplomaturas de Turismo e Educación Social (en curso). Entre a súa ampla experiencia laboral atópanse experiencias tales como xestora do proxecto de promoción á lectura na Biblioteca Miguel González Garcés da Coruña e unha ampla e reveladora experiencia no Fórum Metropolitano da mesma cidade. É no Ano 2009 cando decide ampliar e internacionalizar os seus coñecementos como xestora cultural nun lugar de referencia como Londres. Na “London Metropolitan University” supera con méritos o Master en “Creative and Cultural Industries”. Esta etapa compaxínaa coa  experiencia laboral en diversos espazos como a galería de arte "The Air Gallery", o centro cultural "Barbican Centre" ou o centro cultural e creativo "Red Doors Studios".

Todas estas experiencias enriquecen, máis se cabe, a súa alma emprendedora e crean nela un soño levado a cabo con dedicación e grandes doses de entusiasmo, “TOTEM”, no cal lidera, desde 2013, de forma actual e motivadora a un equipo multidisciplinar e creativo que achega unha nova forma de xestión sociocultural na cidade.

Yago Nieto, adxunto a coordinación, é o mais lonxevo de todo o noso equipo e soubo gañar con suor o agarimo e admiración de todos os seus compañeiros.

Yago, diplomado en Turismo, descubriu, no ano 2015 que a animación sociocultural era o seu e, aos poucos, fíxose cun oco indispensable no Proxecto Tótem, onde exerce como encargado de loxística e coordinador de persoal.

Paula García Espantoso, adxunta de coordinación, é graduada en Educación Infantil. Como gran apaixonada da infancia, comezou no mundo da animación sociocultural sendo unha das nosas monitoras de referencia e tendo ás súas costas unha diversidade de eventos realizados.

Agora, o seu compromiso, entusiasmo e creatividade súmanse aínda máis ao proxecto levando a cabo funcións como o proceso de selección de persoal e a colaboración na xestión de proxectos culturais, achegando a súa perspectiva especializada no ámbito infantil.

Andrea Prada Castro, adxunta de coordinación, está chea dunha curiosidade insaciable. Os seus estudos en Ciencias Empresariais, Turismo e Servizos Culturais son só o comezo. Percorrendo o mundo, descubriu novas culturas en Wolverhampton (Inglaterra), Dublín (Irlanda) e Praga (República Checa), onde se potenciou no laboral e no persoal.

Agora, decidiu axuntar o seu amor pola diversidade cultural e o seu compromiso co ámbito sociocultural en Tótem. A súa enerxía e experiencia serán un activo invaluable para o noso equipo e a nosa misión de enriquecer a vida das comunidades coas que conformamos unha rede.

Goza de cada minuto

Ningún é igual. Ningún volta. Ningún se repite.

Muchas gracias por vuestros comentarios