Actividades para os máis peques
Proponemos actividades de 30 minutos cun máximo de 10 participantes acompañados por un adulto. Estas actividades están dirixidas por profesionais e as temáticas poden ser personalizadas baixo demanda.
Babycontos
Achegas ás diferentes formas de narrar mediante rimas, cancións e contos para fomentar o gusto pola lectura e escritura en todas as súas formas a través de experiencias sensoriais básicas que traballarán os ritmos, a atención e a comprensión.
El cesto dos tesouros
É unha proposta educativa que da total liberdade aos bebés entre 6 e 18 meses. Estes tendrán a opción de dar renda solta a súa curiosidade e indagar que posibilidades creativas posee os obxectos do noso entorno. O cesto de tesouros contén obxectos de diferentes materiais, pesos e texturas cos cales os peques experimentan.
Xogo heurístico
É unha actividade onde a cativada interactúa con diferentes materiais. Fundaméntase na exploración sistemática e realízase en grupos de 10 peques onde se manipula e combina libremente gran variedade de obxectos non estruturados.
Bandexas Montessori
A metodoloxía Montessori pon énfase n@ propi@ cativ@ para que conduza a actividade sen intervención guiada do adulto. Deste modo as caixas sensoriais Montessori son unha excelente maneira de potenciar o desenvolvemento dos sentidos, a imaxinación e a concentración dos peques de 1 a 3 anos.
Cancións e xogos de berce
As cancións de berce e os xogos proporcionan entretemento e diversión e axudan a establecer vínculos afectivos entre os pais e o bebé. Favorecen aspectos motrices como a coordinación xeral, o equilibrio, desenvolvemento sensorial e a adquisición da lingua.