Actividades xuveniles

Propuestas lúdico-culturales para xuvenís

A adolescencia é unha etapa de desenvolvemento onde o entretemento e ocio adquiren enorme importancia. Máis aló da escuela e as responsabilidades familiares, a rapazada debería atopar no ocio o esceario ideal onde comezar a aplicar a súa autonomía crecente, onde profundizar nas súas relacións sociais e consolidar a identidade persoal. A forma en que cada rapaz en cuestión disfruta do seu tempo libre pasa a ser unha importante fonte de influencia sobre o desenvolvemento sociopersoal durante a adolescencia.

Obradoiro circense

Obradoiro dirixido por Marta Iglesias onde se transmitirán diversas disciplinas circenses ao tempo que se traballan a lateralidade, o esquema corporal, a psicomotricidade e a aceptación do erro como forma de aprendizaxe.

Obradoiro de ilustración

Neste obradoiro impartido polo ilustrador Roi Paz, os participantes poderán crear a súa propia tira de cómic coa súa axuda e experiencia.

Oswaldo Digón improvisación

Obradoiro de teatro improvisado

A improvisación é a habilidade de contar historias que se crean e desenvolven no mesmo instante de actuarlas. Neste obradoiro impartido por membros de Impro Coruña, proporcionaranse as técnicas básicas para logralo.

Obradoiros creativos

Ofrecemos obradoiros creativos de personalización de roupa, creación de mesas doces, calceta coas man, scrapbooking, cociña con fruta...

Obradoiro de televisión e prensa para xuvenís

Obradoiro de televisión e prensa

Impartido por dous especialistas, María Nieto e Pablo Rodríquez, o obradoiro consiste nunha xornada lúdico educativa na que os participantes despois dunha pequena clase sobre a historia, a técnica e o proceso, os adolescentes crearán o seu propio programa de televisión..

Obradoiro de maxia

Neste obradoiro, dirixido por Kiko Pastur, iniciarémonos na arte da maxia cunha coidada pedagoxía. Trataremos os fundamentos e habilidades da prestidixitación, do mesmo xeito que os procesos psicolóxicos que enseñarán a controlar e dirixir a atención do espectador, así como a súa percepción e memoria.

Dossier de actividades para a rapazada

Descarga o noso dossier con todas as actividades dirixidas ao público adolescente.