Achégase a ponte da constitución e aínda que moitas familias aproveitan para facer escapadas, somos moitos os que aproveitamos eses días para outro tipo de lecer, sen viaxar. Presentámosvos 7 ideas sinxelas e resultonas para realizar con vosos peques os adornos do Nadal. Os materiais que require son sinxelos e atópanse facilmente.
1.- Faroliños. Utilizamos botes de cristal que tiñamos por casa ben limpiños e decorámolos con adhesivos. Despois cun arame facemos o asa e metemos dentro unha veliña led.
2.- Adornos para macetas. É moi frecuente comprar ou recibir plantas de pascua e este pode ser un adorno moi chulo para cravar na terra. Fixémolo con paus de madeira (que son moi útiles para moitas manualidades) pintados, aos que colocamos limpapipas e/o pegado pompones.
3.- Papá Noel para colgar. Esta cousiña faise cun pequeno pompón branco ao que lle poñemos un gorriño de feltro vermello, un cordonciño para colgar e un pequeno pompón para facer de nariz. Imprescindible pistola de silicona!
4.- Postais do Nadal. A todos gústanos recibir postais. Ten un punto romántico e é unha mostra de afecto. Este ano utilizamos restiños de goma eva, washi tape e algúns elementos do Nadal de madeira que comprei para poder pegar xa que a Sara (4 anos) é o que máis lle gústa. E así quedaron.
5.- Adornos de arxila para a árbore. A arxila branca é un material que dá moito xogo. Neste caso utilizamos cortadores con forma de estrela para facer este adorno. Acordádevos de facerlle o burato antes de que seque. Unha vez seco, pintámolas de vermello e puxémoslles un cordonciño para colgalos.
6.- Decoración de formas de madeira. Comprei este pack de bólas en madeira para decorar. Son moi prácticos para as tardes chuviosas. Sara aquí fixo unha mestura entre pintalas, pegarlle pompóns e formas de goma eva… e, o máis importante, pasouno pipa!
7.- Por último, outra idea con paus de madeira, nesta ocasión, adornos para colgar na árbore.
Gustouvos? Contádenos como foron as vosas creacións!
Agardamos que disfrutedes moito dese tempo de calidade facendo cousas bonitas!