Hoxe traemos un post realmente útil nos tempos que corren. A fase 1 comezou e nela é obrigatoria a máscara en contornas pechadas. A maiores, todo sabemos que, o ideal, é levala cando saímos, non só para protexernos, se non, para protexer. Así que, hoxe cóntovos como facer a vosa máscara de tea reversible.
Que precisaremos?
Como se fai?
1.- Cortamos dous anacos de tela de 21×21 cm cada un
2.- Enfrontamos dereito con dereito e cosemos a prensatelas aprox (ben sexa man ou a máquina), seguindo este patrón. Desta forma logo poderemos engadir os lazos e darlle a volta. Deixei uns 2,5 cm en cada esquina, fóra dunha, onde deixei uns 4-5 cm para poder dar a volta á tea.
3.- Dámoslle a volta e colocamos os lazos. Eu meto uns 3 cm de lazo cara a dentro, en cada esquina, para asegurarme de que quede ben cosido. Aseguro todo con alfinetes. No meu caso aseguro os 4 laterais porque, aínda que leva mais tempo, logo facilítame a súa costura.
4.- Cosemos os 4 lados a prensatelas ou algo menos; eu adoito pasar a costura dúas veces polos anaquiños onde vai o lazo para reforzalo.
5.- Facemos os pliegues (3). Hai unha chea de esquemas por internet de como facelos pero, a min, resúltame máis cómodo facelo a ollo para que queden centrados, véxase a parte da tea que eu quero etc.
6.- Cosemos a prensatelas (ou algo menos, segundo fixésedes a costura anterior; ao meu gústame que queden o mais próximas, a unha á outra, posibles) os laterais que teñen os pliegues.
Desta forma, queda unha mascarilla reversible, como veis.
E este é o resultado.