Inchables
10 Febreiro, 2018
Glitter bar
13 Maio, 2023

Dinamizacións Halloween, Samaín ou Magosto

 

A festa de outono, sexa halloween, samaín ou magosto, é unha das festas favoritas de todos os nenos. Nas nosas dinamizacións poñemos a disposición dos máis pequenos unha infinidade de actividades como xogos populares, photocall temático, stand de chocolate, actuacións musicais, obradoiros creativos (saquiños de truco ou trato, máscaras, galletas terroríficas, cabazas, colares de castañas, etc...). Todo ambientado con decoración acorde ao evento.

O cliente elixe se quere que a súa festa verse sobre a noite dos mortos e touda a idiosincrasia galega ao redor da mesma, sobre o aspecto máis ocioso e festivo do Halloween, ou sobre a chegada do outono e todo o seu significado.