Estamos en tempo de crise. De crise viral e vital. De exporse valores, principios e formas de entender o desenvolvemento, tanto persoal, como comunitario. O planeta leva xa moito tempo avisando de que isto non é sostible e de que o home supón un impacto excesivo. É verdade que expor medidas para cambiar de base o noso sistema vital é complicado pero, polo menos, podemos implantar pequenos cambios que sexan mais respectuosos co noso ao redor e supoñan un xesto de complicidade para co planeta que deixamos ás xeracións vindeiras.
Hoxe propoño algo tan sinxelo como facer a nosa propia pasta de dentes. Esta pasta é parecida á comercial (moito menos densa) pero non contamina, non necesita embalaxe e non é prexudicial para ti.
Que ingredientes precisas?
Como se fai?
1.- Introducimos no tarro 3 culleradas soperas de bicarbonato.
2.- Quentamos o aceite de coco no microondas ou ao baño maría. O aceite de coco solidifica rápidamente. Cando esté líquido, engadimos 3 culleradas soperas ao noso frasco. Ten en conta que neste momento a pasta debe estar bastante líquida pero pasadas unhas horas, cando o aceite de coco solidifica, colle unha consistencia moito máis densa. Remexemos ben.
3.- Engadimos a nosa píldora de Vitamina E ou unhas gotas (15 gotas aprox).
4.- Engadimos unhas 15-20 gotas de aceite esencial de menta. En realidade podes empregar o aceite que queras, mais recoméndoche menta porque é o sabor e o olor ao que estás acostumado dende cativo. Doutra banda, este aceite tampouco ten ningunha propiedade en si, polo que, se prefires, non tes por que botalo; ou podes botar menos cantidade.
5.- Por último, engadimos o sobreciño de xylitol ou unhas gotas de estevia, ao gusto e mesturamos de novo.
IMPORTANTE: a pasta debe quedar correctamente pechada. E, non se pode meter o cepillo de dentes no tarro, para que non entren bacterias. Eu uso unha cullerciña de madeira, que é sincelo de lavar, para coller un pouco de pasta de dentes e poñela no meu cepillo.
ACLARACIÓN: eu non son farmacéutica, doctora, cosmetóloga, nin nada relacionado co ámbito da saúde. Esta receta ven de ter visto e probado multitude doutras recetas ata crear a miña propia.
E a desfrutar!