Durante este período de confinamento, moitos de nós descubrimos ou retomamos algúns do noso hobbies. Un dos meus é a repostería. Como na casa, a miña parella non pode tomar glute e eu non podo tomar lactosa, pois estou afeita cociñar con eses condicionantes, pero, iso non significa, renunciar a un sabor delicioso.
Para esta receita, necesitaredes:
Como se fai?
1.- Mesturamos os ovos nun bol e engadímoslle o iogur.
Prequentamos o forno a 180ºC.
2.- Utilizamos xa ese tarro para engadir o azucre. Removendo ben, engadimos o aceite e a fariña, tamén usando o tarro como medida de medición.
3.- Cando a masa estea homoxénea, engadimos o fermento e removemos ata que non haxa grumos.
4.- Por último engadimos os nosos aderezos, ao gusto: chocolate, arandos, platano etc… e removemos ( non demasiado para que non rompan).
5.- Vertemos a masa nos nosos moldes de madalenas; eu teño uns tipo muffins, que son máis grandes do convencional e uso eses. Gústanme moito porque son de silicona polo que os meto no lavalouzas e reutilízoos, desde hai anos.
6.- Cos moldes xa preparados para enfornar, podemos engadir un topping, como coco relado ou pebidas de choco negro encima de cada madalena.
7.- Enfornamos durante 30-35 minutos a 180ºC, ou ata que vexamos que a punta dun coitelo sae limpa ao picar no centro do biscoito.
Deixa arrefriar e a desfrutar!
IDEA: podéis hacer mezcla de harinas. Muchas veces yo echo cada uno de los 3 vasitos de una harina diferente; generalmente sarraceno, algarroba y arroz. Esta semana los he hecho con doble de algarroba, es decir, dos vasitos de algarroba y uno de sarraceno.
Aquí a proba:
O ANTES
O DESPOIS