Parece de película. Unha pandemia mundial afecta á maioría de países e os cidadáns reclúense nas súas casas para protexer o sistema sanitario e aos seus usuarios. Se me contan isto hai uns meses penso en que é o guión dunha peli, pero non, está aquí e vai quedar unha tempada. Así que, como de todo pódese sacar algo positivo, pois imos tentalo: volvemos ao blog cunha idea pensada nos mais peques, de 1 a 3 anos.
Nestes días de #euquedonacasa xurdiron multitude de iniciativas para compartir tempo de calidade con outras persoas pero vin moi poucas ideas para menores de 3 anos. Eu xa levaba tempo coa idea en mente e que mellor momento que este para poñela en práctica?
Para levalo a cabo tan so precisas:
Como crear o tablero?
Pois o primeiro que fixen foi pintalo. Tras isto coloquei as tapadeiras, medindo as distancias para que fosen os mais equidistantes posibles. Utilicei a pistolas de silicona para fixar as tapadeiras.
Despois chegou a parte mais creativa: seleccionar que pegar en cada “casilla”. Utilicei unha tapadeira que non pegara no taboleiro para marcar o tamaño antes de recortar e preparei as pezas.
Peguei as 15 casas coa pistola de silicona e prestei especial atención ás casillas que poideran ter algún risco, como son a de quinoa e a de pipas de cabaza.
Por último decoramos as tapadeiras con anaquiños troquelados de goma eva.
E a desfrutar!