Seguimos coa nosa intención de darvos opcións de divertimento caseiro que ademais sexan saudables e supoñan un aforro para o peto. Esta é, sen dúbida, unha desas. A granola bio ten unha prezo bastante elevado nos sitios onde a atopei á venda así que decidín facerme a miña coa axuda da receita da miña amiga Ainhoa, que hoxe comparto convosco.
Que ingredientes necesitas?
Como se fai?
1.- Mesturamos os ingredientes secos.
2.- Quetamos os ingredientes húmedos un pouco no micro para que se mesturen ben.
3.- Remexemos todo (queda como pegañento).
4.- Poñemos todo estirado nunha bandexa de forno con papel vexetal a 160 grados. Deixámolo 25 minutos, dándolle a volta no medio.
Se queres que trisque máis, dalle un poquiño de grill cara o final.
5.- Deixámolo arrefríar e metémolo nun bote de cristal.
Hai moreas de formas de comelo. Ao min gústame mesturado cun iogur (de soia, porque son intolerante á lactosa) e froita, pero convídoche a investigar outras formas de desfrutalo.
NOTA 1: todos os ingredientes podes atopalos eco e a granel na despensa 77 (zona centro Coruña)
NOTA 2: se queres engadir chocolate (vaille xenial),recoméndoche que o fagas cara o final de todo, coa granola xa forneada ou no mediodo forneado e non antes, porque o chocolate quéimase